Site icon Crónica3.com A Mariña

Alba Vila agarima a dieta dos deportistas laranxas

O CD Burela FS Pescados Rubén confía unha tempada máis no Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila para asesorar e supervisar a alimentación dos seus deportistas, factor fundamental na planificación da preparación e rendemento deportivo.

Os xogadores e xogadoras senior do club burelao visitaron o centro dirixido por Alba Vila para planificar a súa dieta “evidentemente personalizada xa que debemos ter en conta as características físicas específicas de cada deportista, así como a fase concreta da tempada. A nosa función está integrada na planificación xeral de ambos equipos e coordinada cos seus adestradores e preparadores físicos” comentou Alba Vila, especialista en dietética e nutrición con centros en Burela, A Coruña e Foz. Na fotografía, Alba Vila posa cos xogadores; Carlitos, Antoñito e Jorge García que está a realizar a pretempada co club mariñán.

Exit mobile version