Site icon Crónica3.com A Mariña

Alonso recoméndalle ao PSOE de Cervo que deixe de facer o ridículo cando a súa achega á Maruxaina é de cero euros

Cervo, 29 de agosto de 2013-A concelleira de Turismo, Begoña Alonso, pediulle hoxe ao grupo municipal socialista que “deje de hacer el ridículo atribuyéndose el mérito de la subvención de la Xunta para la Maruxaina”. Para Alonso as declaracións dos socialistas cervenses só poñen en evidencia “aún más” a “ausencia de colaboración de la Diputación con esta fiesta de Interés Turístico Gallego”.

“Entendemos que estén avergonzados porque los vecinos hayan descubierto que una concejala de Cervo, que aparentemente tiene responsabilidades en la Diputación, no haya movido un dedo por la Maruxaina” engade a edil.

Ao mesmo tempo, Alonso lémbralles aos socialistas que o Concello ten ata o 30 de outubro para completar o expediente da subvención da Maruxaina. “Para esas fechas esperamos que la Diputación haya respondido al reto que le lanzamos hace unos días”, manifesta a edil, segundo o cal o Concello desafiou ao Goberno Provincial a igualar as axudas da Xunta ás Festas de Interese Turístico Galego de Cervo, que incluíndo o importe confirmado pola administración galega para a Maruxaina ascende a 13.500 euros.

Exit mobile version