Site icon Crónica3.com A Mariña

Baile e maquillaxe en Barreiros

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros organiza, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial, unha sesión de xogos con música, bailes e cancións bailadas para este venres 2 de agosto no Centro Sociocultural M. Díaz Sampedro para mozos e mozas de entre 6 e 17 anos. A actividade desenvolverase dende as 11:45 ata as 13:15 horas. A partir das 13:30 horas clausuraranse os obradoiros cun fin de festa protagonizado por un desfile de maquillaxes artísticas.

Exit mobile version