Chove sobre mollado! (como escribiu Rosalía de Castro nun fermoso poema). Un exemplo ben coñecido dos chairego de hai uns meses: o intentos de URBASER dunha reducióndos soldos para os seus empregados no servizo do que é concesionario en Vilalba aínda maior da porcentaxe que citou Christine Lagarde, empeorando ademais outros aspectos da relación laboral (complementos por antigüidade, xornada de traballo, etc).
Onte, en Vilalba. Hoxe, en A Coruña. A mesma empresa, con beneficios multimillonarios, presentou un plan que pasa polo despedimento de máis de vinte persoas empregadas en URBASER, unha forte redución salarial para que as que conserven o emprego e o empeoramentos de varias condicións laborais distintas da económica.
As estatísticas do Instituto Nacional de Estatística sobre avariación do custo laboral son claras: baixou a media dos salarios un 5% en 2012 (tendo en conta a inflación). Non foi abondo para algúns insaciables grandes empresarios, multiexplotadores desde as súas multinacionais?
Perdeu un gran ocasión de quedar calado o comisario de Economía da UE, Olli Rhen, que axiña se sumou ao carro dos defensores da proposta dediminución dos soldos da presidenta do FIM. Se a clave da loita contra a crise económica estivese aí, os Estados que peor estarían en Europa serían Noruega, Suíza, Alemaña, Finlandia, Gran Bretaña e un longo etcétera que teñen salario medio moi por riba do español (e moito máis do galego, que está un 18% por baixo do estatal).
Quedoume unha dúbida na proposta da presidenta do FMI. Os funcionarios do Estado español tivemos, como media,unha redución no último trienio do 24% nos salarios reais (os que teñen en conta a inflación). Vai saírnos “a devolver” o 14% restante?
En Galicia, case sempre por baixo do promedio estatal nos temas económicos (salarios, do importe das pensións, eta.) logramos por unha vez estar nos primeiros postos en algo. Dado que o presidente Feijóo aprobou descontar un 40% as dúas pagas extra dos funcionarios en 2013 (mentres hai conxelación salarial no Estado), perdemos aproximadamente un 30% desde a primeira diminución, a aprobada polo goberno de Zapatero en maio de 2010.
Despois, conxelación salarial en 2011, un 7,2% de diminución en 2012, un 5,8% de rebaixa en Galicia en 2013. E para complemento, recorte de dereitos dos traballadores do sector público: empeoramento das condicións económicasnas baixas laborais, redución dos días de “asuntos propios” e do período vacacional, non reposición dun 90% do persoal público que se xubile, etc.
Nestas andamos. Máis de seis millóns de persoas desempregadas no Estado español, varios millóns que conservaron o seu emprego aceptando rebaixas salariais…e mentres, desde a súa atalaia de 468.000 euros anuais e unha chea de complementos económicos e sociais, a presidenta do FMI pontifica…e un lacaio do goberno da Unión Europea ao que lle pagamos o seu soldo os contribuíntes da UE limítase a dicir: “Si, Wuana”.
Manuel Roca Cendán.