Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros acolle o espectáculo Peter Punk

Barreiros acollerá este xoves 15 de agosto o espectáculo de dinamización lingüística na rúa, Peter Punk. Será a partir das 20:00 horas na praza do Concello ou, se chove, no Centro Socio-Cultural Manuel Díaz Sampedro. A Rede de Dinamización lingüística da Xunta de Galicia trae a Barreiros a Peter Punk, un espectáculo de rúa para a mocidade baseado no novo circo e no humor máis retranqueiro co que se quere presentar a lingua como parte esencial da vida cotiá dos galegos e galegas. Durante 60 minutos de duración, o personaxe xogará en escena co público e coa palabra, ademais de con todos os trebellos que vai sacando da súa maleta. Desde o Concello de Barreiros animan “a veciños e visitantes, a mozos e mozas a desfrutar deste espectáculo na rúa que terá lugar mañá, 15 de agosto”.

Exit mobile version