Burela acollerá os días 7 e 8 de agosto un torneo de fútbol 3 x 3. O torneo disputarase nas categorías de Sub-14 e Sub-17. Será a partires das 20 horas na praza da Mariña, pero “en caso de que chova levarase a cabo no pavillón Vista Alegre”. O evento deportivo está organizado polo Concello de Burela e polo Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén.