Site icon Crónica3.com A Mariña

Carlitos: “Foi unha grata sorpresa e un orgullo que me elixiran para adestrar e competir co equipo sénior”

carlitos-presentacion13A canteira burelesa tamén estará presente no novo horizonte laranxa e un dos elixidos para o reto desta tempada é Carlos Izaguirre “Carlitos”. Con 19 anos Carlitos terá a oportunidade de gañarse a confianza de adestrador burelés, Juanlu, e agradece “a oportunidade que me brindan. Foi unha grata sorpresa e un orgullo que me elixiran para adestrar e competir co equipo sénior. Estou moi ilusionado, con moitas gañar de aprender e progresar como xogador. Tamén quero agradecer especialmente ao meu adestrador do filial, Lucas, a paciencia que tivo comigo”. O xogador mozo continúa superando etapas de formación e é un expoñente da canteira laranxa onde se iniciou en categoría benxamín.

O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o técnico burelés, Juanlu, apoiaron a presentación de Carlitos. Manuel Blanco considera de suma importancia a achega de xente da canteira “a nosa idea é conseguir nutrir ao equipo sénior de xogadores da casa. É un dos obxectivos da nosa escola, ademais do factor social que é igual de importante. Hai que ser conscientes do reto que supón xogar en Primeira División, pero decidimos deixar unha ficha libre para a canteira, como neste caso Carlitos, para que teñan a oportunidade de amosar as súas calidades”.

Exit mobile version