O sábado 17, a partir das 12 da mañá empeza o concurso de tortillas. Á 1 haberá misa na capela en honra a San Caetano. Despois actuará o cuarteto tradicional Xaramolo. E desde Sarria chega a charanga Madia Leva, formada por 12 membros que animarán a romería todo o día interpretando un variado repertorio: ska, rock, pasodobles, rancheiras, pop, música de sempre…
A partir das dúas da tarde haberá tortilla de balde para tod@s. Pola tarde haberá xogos para nen@s e maiores, tiro da corda, carreira de sacos…. E haberá un espectáculo circense a cargo da compañía Circo Chosco. Á noite verbena, baile do farolillo e chocolatada ao remate da festa.
Esta é unha festa participativa na que non hai espazo para o aburrimento. A festa facémola entre todos, aquí os protagonistas son os romeiros, axudados polos maravillosos músicos…gaiteiros, trompetistas, pandereteiras, acordeonistas que non farán gozar cada minuto. Reivindicamos a esencia das romerías, das nosas festas, das nosas verbenas, e reivindicamos a dignidade dos músicos que actúan en sinxelos palcos de lona.