Site icon Crónica3.com A Mariña

Dende o Concello de Burela aseguran que dubidar dos datos ofrecidos da ocupación hoteleira é dubidar da capacidade do sector

Burela, 28 de agosto de 2013. O equipo de goberno asegura que quen cuestiona os datos da ocupación hoteleira en Burela está a poñer en tela de xuízo a capacidade dos empresarios hostaleiros para captar clientes.
Os populares consideran que “fraco favor lle fan os socialistas ó turismo e ós establecementos hostaleiros de Burela con comentarios coma os que facían nas últimas horas”.

Desde o equipo de goberno de Burela subliñan que “a ocupación hoteleira na segunda quincena de agosto segue a ser importante, ao igual que o número de visitantes que seguen a chegar á nosa vila, tal e como se demostra día a día tanto na oficina de turismo coma no barco museo Reina del Carmen”.

Os populares insisten en que “a ocupación hoteleira media en Burela, segundo os datos da enquisa realizada entre oito establecementos da vila, foi dun 82% en xullo e dun 92% no que vai de agosto”.

Exit mobile version