
Varios programas da Radio Valadouro finalizaron as súas emisións nesta semana. “Grandes Voces”, “Misterios”, “Parolando” e “A min que máis me dá” tomáronse unhas merecidas vacacións. Por outra banda, no último programa de Parolando, o xoves día 15, fíxose un repaso á tempada de radio que finaliza e despediuse a Sabela Quirós, que despois de catro anos e unha chea de emisións no programa, abandona o mesmo para marchar a estudar Bioloxía en Santiago de Compostela; foi un programa cheo de emocións e despedidas.