Site icon Crónica3.com A Mariña

Europa escoita

Nós pedímolo, e Europa escoitou: A Unión Europea acordou prohibir a importación de arenque e de xarda procedente das Illas Feroe e de vetar o acceso a todos os portos comunitarios da flota deste país, tras persistir esta en condutas de sobrepesca no caladoiro atlántico noreste.

As institucións comunitarias acertan cando asumen como propia unha petición xusta, proporcionada e necesaria, cuxa reclamación liderou en Galicia o Partido Popular -a través dunha iniciativa no Parlamento galego-, que foi acollida pola Xunta e polo Ministerio.

Xuntos reclamamos que se sancionara ás Illas Feroe baixo a premisa de que, nas augas que compartimos, non é posible que os esforzos pola pesca sustentable que están a facer os profesionais do mar galegos, e do resto dos territorios da UE, sexan desprezados por determinadas flotas que esquilman os nosos mares e, con elo, a posibilidade dun aproveitamento pesqueiro futuro.

Unha xestión pesqueira responsable esixe adoptar decisións sobre as posibilidades de pesca que non só teñan en conta factores inmediatos senón que tamén pensen no futuro, en manter uns stocks pesqueiros axeitados para que o mundo do mar continúe como unha actividade rendible e unha fonte de traballo para o sector.

José Manuel Balseiro Orol

Exit mobile version