Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Suárez subliña a transparencia, vocación, honradez e a ilusión coa que traballan todos os membros do equipo de goberno “a pesar dos burdos paus nas rodas que poñen desde o PP”

Ribadeo, 22 de agosto de 2013. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, subliña a transparencia, a vocación, a honradez e a ilusión coa que traballan todos os membros do equipo de goberno, “a pesares dos burdos paus nas rodas” que poñen desde o PP.

O rexedor referiuse ás acusacións efectuadas nas últimas horas por parte do presidente do PP en Ribadeo: “tíldame de mentireiro o señor Penabad e que non dou a cara diante dunha situación coñecida por todos. Coñecida por todos é a súa situación, a dunha persoa sen oficio nin beneficio e que anda a facer pinitos na política para ver si hai algo de onde vivir. Coñecidos por todos son os seus traballos ao abeiro de talleres de emprego en Concellos do PP. Neses talleres que da a Xunta a Concellos do PP e nega aos que non somos da súa corda. Ou é que esquece que este ano, e non abriu a boca para preguntarlles aos seus amiguiños da alma da Xunta a ver porque non llo deran ao Concello de Ribadeo por segundo ano consecutivo”.

Suárez Barcia subliñou que “tanto eu coma os meus compañeiros, todos os do meu goberno municipal, afortunadamente temos oficio e os que transitoriamente estamos liberados dun traballo público temos un que despois agarda por nós cando rematemos o noso periplo na vida pública, sexa cando sexa este momento. E mentras ese momento non sexa traballaremos na vida pública como o sabemos facer e como fixemos sempre, con transparencia, con vocación, con abnegación, con honradez, con ilusión e plantándolle cara a quen sexa para conseguir o mellor para o noso concello”.

E engadiu: “e de aí que a Ribadeo non lle está indo tan mal, a pesares dos burdos paus nas rodas que esta xentiña pretende poñernos”.

Exit mobile version