A parroquia de Carballido, en Alfoz, acolle as festas na honra a San Roque entre os días 16, 17 e 18 de agosto. O venres haberá misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Chicago, que tamén amenizará a verbena. O sábado repetirase o esquema da celebración do venres coa participación da orquestra Fénix; mentres que o domingo finalizará a festa coa tradicional e multitudinaria churrascada amenizada tamén por unha orquestra.