Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de curso no PAI de Lourenzá

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOs nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia Meniños, de Lourenzá, despediron o curso escolar cunha festa na área recreativa de A Cazolga. Xunto ás súas familias e as educadoras do centro, pasaron una divertida tarde de xogos e compartiron unha merenda para poñerlle punto final ao presente curso escolar e iniciar as vacacións de verán durante este mes de agosto. O centro educativo reabrirá o martes 3 de setembro, xa que o luns 2 de setembro é festivo local en Lourenzá. Tódolos nenos e nenas recibiron de agasallo unha camiseta e os 8 alumnos que pasan o vindeiro curso ao CEIP, para iniciar o segundo ciclo de Educación Infantil en 3 anos, recibiron unha “orla” conmemorativa do seu paso polo PAI laurentino. Na festa participou a concelleira de Educación, Lupe Flórez, que desexou “unhas boas vacacións a tódolos pequenos usuarios do PAI”.

Exit mobile version