Site icon Crónica3.com A Mariña

Fin de semana de competición para o Club Kayak de Foz

O Club Kayak de Foz afronta dous importantes desprazamentos esta fin de semana. O sábado en Narón e o domingo en Boiro desputara sendos campionatos galegos.

Campionato galego de alevíns e benxamíns 2013
Serán 17 palistas das categorías benxamín e alevín do club os que se despracen a Narón o sábado 17 para desputar o Campionato Galego de Alevíns e Benxamíns 2013 que fora aprazado no seu día por culpa dunha alerta laranxa por vento na zona.

Os palistas do club están moi ilusionados coa súa participación, xa que para a maioría é a primeira a nivel galego. Ademais, a alta incrición na regata, con 638 palistas, demostra o gran interese dos clubs da xeografía galega por este tipo de campionatos.

María A. Fernández Martínez, Marta Fernández Muñoz e Laura Fernández Muñoz participarán na categoría K1 feminino benxamín con saída ás 13:00 horas e 97 barcos inscritos.

Iago García Martínez, Iván García Méndez, Isaac Menéndez Trigo, Enrique Valle López-Leyton e Cristian Veiga Barbosa, tomarán a saída da proba de K1 masculino benxamín ás 13:20 onde se inscribiron 137 barcos.
Paola García Neira, Adah Guisasola Fernández e Lidia Menéndez Trigo participarán na categoría feminina alevín B de K1 con 50 barcos inscritos que iniciarán a súa proba ás 13:40 horas.

Brais Martín Fraga, Pablo López Fernández e Santiago Pérez Rey tomarán a saída na proba masculina alevín B de K1 ás 14:00 horas.

E, en alevín A masculino de K1, con 121 barcos inscritos, Xoel García Neira e Iago Fernández Muñoz serán os nomes dos participantes do Club Kayak de Foz.

Campionato Galego Infantl K1/C1 3000 m
E para completar a fin de semana, o domingo 18 de agosto ás 16:30 horas, 6 palistas infantís do Club Kayak disputarán en Boiro, en aguas da Ría de Arousa, o Campionato Galego Infantil K1/C1 3000 m. 320 barcos son os inscritos en todas as modalidades, pero a participación do club limítase ás categorías masculina infantil A e B K1 e muller infantil A K1.

Os infantís do club de Foz xa saben o que é participar nestas regatas, a excepción de Noel, para o que será o seu bautismo nun Campionato Galego e ao que animan dende o club agardando que faga, xunto aos seus compañeiros, un bo papel nas súas mangas.

Na categoría masculina infantil A participará Pascual Iván Fernández Martínez, en infantil B Juan Rivas Rodríguez, Alexis Navas Pérez, Paco Andrey Fernández Martínez e xa nomeado Noel García Edrosa e na categoría feminina infantil A, Mayra Alarcón Martínez.

Exit mobile version