Site icon Crónica3.com A Mariña

Folk en Xove

O pavillón municipal de Xove acollerá o sábado 31 de agosto ás 21.00 horas un festival folk con baile e música tradicional ambientado nunha taberna típica da nosa terra. Trátase do XXXI Festival da Asociación Cultural Saiñas que, nesta ocasión, contará cun completo espectáculo de música e baile tradicional inspirado no establecemento Casa Abad de Xove. A Asociación Cultural Saiñas invita a todas aquelas persoas que gosten da nosa tradición a asistir ao mesmo con entrada libre e gratuíta.

Exit mobile version