Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acolle entre o 19 e o 24 deste mes un ciclo de teatro afeccionado ao aire libre organizado polo Concello

Foz, 13 de agosto de 2013. A vindeira semana, dende o luns 19 ata o sábado 24, desenvolverase en Foz un ciclo de teatro afeccionado ao aire libre organizado pola Delegación de Cultura do Concello focense. Todas as representacións empezarán ás dez da noite no patio do colexio Número 1.

O encargado de abrir o ciclo o luns 19 será o grupo O Batán, de Cangas, que representará a obra titulada Retiractivos. Ao día seguinte A Adala, de Fazouro, porá en escena Sen seu amor. O mércores 21 O Bordelo, de Cervo, ofrecerá Cambadelas; o xoves 22 o grupo Axóuxeres representará dúas obras: Véndese mula e A Pousada, cunha duración total de 70 minutos; o venres 23 Teatro Raiolas, de Alfoz, porá en escena O Chufón; e rematará o sábado 24 coa Compañía de Teatro Esperanto, de Madrid, que ofrecerá a obra Marga la amarga.

Para a organización deste ciclo de teatro o Concello de Foz conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Exit mobile version