Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz vibrará co Tentacle Little Summer Festival

O vindeiro venres, día 16 de agosto, os focegos e calquera que se achegue á vila mariñá terán a oportunidade de bailar ó ritmo de distintos estilos de música electrónica; dende o downbeat -estilo caracterizado por ritmos relaxados- ata o house pasando pola colaboración con instrumentos coma o saxo, que porán os ritmos traídos do jazz.

A ineludible cita para os amantes da electrónica ten un nome, Tentacle Little Summer Festival, e chega, en palabras dos seus organizadores, para triunfar e quedarse. A partires das 22.00h, no ideal marco do Paseo de Colón, coa praia de A Rapadoira de fondo, 4.000W de son farán vibrar ós presentes sendo parte dunha festa que se extenderá ata as 3.00h da madrugada.

Aínda que a totalidade dos artistas que se subirán ó escenario está aínda por confirmar, quen de seguro se poñerá detrais dos pratos será un dos organizadores, Álvaro Pardo, coñecido na escena musical como Dr. Think. Con este nome artístico recorreu as cabinas de Ibiza, do territorio español peninsular e mesmo cruzando o charco para realizar unha xira latinoamericana da que acaba de voltar.

Os beats irán subindo pouco á pouco o vindeiro venres frente ó areal focense, nun evento gratuito ó que todos estamos convidados.

Jacob Alonso G.

Exit mobile version