Dende o ano 1845 a familia Real pasaba os veráns en San Sebastián, e polo tanto a acción de goberno trasladábase a aquela cidade; precisamente este feito marcou o despegue turístico da mesma pois aínda naqueles tempos de tan precarios medios de comunicación, era incesante a chegada de personalidades do estado e do estranxeiro para despachar coa realeza e co goberno español. Decidido pola familia Real fixar para a tempada estival a residencia naquela cidade norteña, ó seguinte ano – 1889 – iniciáronse as obras de construcción do fermosísimo Palacio de Miramar – de estilo inglés – que acollería cada verán a todo o séquito, e dende hai anos motivo de visita para cantos turistas chegan a ela. A edificación do mesmo durou catro anos. A singular beleza do lugar non só ven definida polo artístico edificio, senón tamén polos coidados xardíns que o arrodean, formando a chamada “área romántica”.
Os focegos “acogieron tan fausta nueva – a de título de Vila – con indescritible satisfacción y entusiasmo general por el vecindario y parroquias…”.
Houbo na igrexa un Te Deum de gracias, ó que asistiron autoridades, representacións e veciños e tamén outros “festejos cívicos”. Descoñecemos en qué consistiron estes, pero sí sabemos o que se gastou neles: 70 pesetas.
Suso Fernández