Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia asegura que a situación na praia do Cabaliño é de absoluta normalidade

Burela, 2 de agosto de 2013. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, subliñou que a situación na praia do Cabaliño é de absoluta normalidade.

O rexedor explicou que “no día de onte detectouse, como é sabido, unha pequena mancha de gasóleo na praia do Cabaliño, a raíz do que se izou a bandeira vermella, se prohibiu o baño ás persoas que estaban na praia e a última hora, antes de que os socorristas se fosen, se fixo unha inspección ocular para verificar si había algún vertido. Non se detectaron anomalías, esta mañá fixeron outra inspección ocular e tampouco se detectou mancha algunha. Previamente tamén hoxe pola mañá persoal de Capitanía Marítima fixo unha inspección da praia sen atopar nin na area nin na lámina de auga ningunha mancha nin residuo anómalo”.

González Barcia reiterou que “a situación na praia do Cabaliño é de absoluta normalidade, pero estaremos á expectativa por si aparecese algunha mancha máis. Tendo en conta as horas ás que se produciu a aparición da mancha onte non se considerou oportuno baixar a bandeira azul, porque se estivo á espera das inspeccións oculares de onte e de hoxe. A situación, insisto, é de normalidade”.

Exit mobile version