Aínda me lembro cando uns días antes das eleccións chegaron uns camións Ó Cruceiro para mover pedras dun lado para outro, e dalí a uns días, pasadas as eleccións, marcharon, e non pasou nada; míntennos á cara e non pasa nada. Igual que cando no mes de xuño o noso alcalde dixo que non había motivo para sospeitar que ían quitar un médico de Xove, e no mes de agosto desaparece ese médico. De novo míntennos á cara e de novo segue sen pasar nada!. Hai que ter descaro para mintir de tal xeito e nin sequera poñerse rubo!.
Hai que reaccionar, protestar e se fai falla patalexar, que esta xente está ahí a velas vir, metendo capotazos, agardando “que pase o temporal”, nada máis que defendendo o deles e o do Partido Popular, e nunca me cansarei de repetir que un político bo é o que defende o seu pobo e os intereses de todos, non as siglas ás que pertence, sexa o PP coma neste caso, ou sexa outro calquera.
Carlos do Cristo.