Site icon Crónica3.com A Mariña

Hoxe comezaron diversas obras de mellora e mantemento en Burela

Burela, 29 de agosto de 2013. Hoxe deron comezo as obras de mellora e mantemento do céspede do campo de fútbol de herba artificial da Marosa, segundo acaban de confirmar os concelleiros de Obras e Deportes, Manuel Fernández Valle e Beatriz Piñeiro, que a semana pasada visitaban esas instalacións en compañía de varios técnicos.

O campo permanece pechado desde hai uns días ata novo aviso “para evitar deste xeito complicar a situación do céspede e facilitar os traballos a realizar”. Fernández Valle agarda que ditas labores rematen a vindeira semana, “salvo complicacións ou inclemencias meteorolóxicas”.
Beatriz Piñeiro lembrou que “se trata dunha actuación de mellora e mantemento do céspede, dado que hai zonas nas que non pegou debidamente”. Tamén sinalou que “haberá que facerlle a ese campo uns traballos de mantemento de carácter anual, que ninguén nos dixo que tiñamos que realizar cando se fixo o traspaso de poderes no Concello de Burela hai dous anos”.

Pavillón dos Castros

Ademáis o Concello, aproveitando o obradoiro de pintura que está a impartir, procedeu ao pintado das gradas do pavillón dos Castros. O edil de Obras explicou que “estaban moi deterioradas e precisaban tamén de traballos de mantemento, que foi o que se lles fixo ó longo destes días. Son unhas gradas móbiles, que a parte de empregarse no pavillón utilízanse en actos que se desenvolven fora destas instalacións”.

Exit mobile version