Site icon Crónica3.com A Mariña

II Subida Automobilística de Montaña na estrada A Pontenova – Augaxosa o 24 e 25 de agosto

subida-pontenovaA Pontenova acolle a segunda Subida Automobilística de Montaña o 24 e o 25 de agosto baixo a organización da Escudería A Pontenova. Trátase dunha proba valedeira para o Campionato Galego da especialidade con reparto de más de 6.000 euros en metálico en premios.

A proba de 4,800 quilómetros celebrarase na estrada LU-4803 A Pontenova – Augaxosa entre o quilómetro 0, 450 e o 5,250. O sábado a partir das catro da tarde comezarán os adestramentos seguidos da primeira e segunda manga oficiais. E o domingo a segunda manga de adestramentos comezará ás dez da mañá seguida da terceira e cuarta subida oficial. A entrega de premios realizarase ás cinco da tarde na Casa da Cultura.

Premios
Repartiranse un total de 6.000 euros entre os primeiros clasificados: 600, 400, 300 e 200 euros obterán os catro primeiros clasificados nas categorías de carrozados e non carrozados (ademais de trofeo e coroa de laurel para os tres primeiros); mentres que entre os históricos outorgaranse tres premios de 250, 150 e 100 euros para os tres primeiros clasificados.

Ademais, entregaranse 150 euros máis trofeo e 100 euros máis trofeo aos dous primeiros clasificados de cada un dos grupos: GRUPO N – GRUPO A/R; GRUPO X – GRUPO SCC; GRUPO P – GRUPO CM1-CM2; GRUPO EM1-EM2
GRUPO C3-CN-EL-EH; GRUPO H1 e GRUPO H2.

Inscricións
Os interesados en inscribirse na proba poden remitir a súa solicitude antes das 21 horas do mércores 21 de agosto na sede da Escudería A Pontenova (Santa Apolonia, 75) co resgardo bancario do pago da inscrición. O límite de participantes fíxase nos 150 vehículos.

Máis información en: escuderiapontenova.com.

Exit mobile version