Site icon Crónica3.com A Mariña

III Invasión Normanda

A III Invasión Normanda, que o vindeiro fin de semana se escenifica na ría de Foz, fai que as sirenas dos asteleiros chamen a zafarrancho e se detecte unha febril actividade arranxando novas unidades, para unha eficaz loita fronte ó inimigo. A recua de operarios estuda as innovacións que o departamento de I+D, de Construccións Navais Normandas (CNN), dirixen os avezados enxeñeiros, de ascendencia grega, Carolus Nierensis, Gran Duque de Polonia, e Petrus Daurelius. O plantel de talleres fixo un curso intensivo das novas técnoloxías, pois pretenden desbancar á ata a dagora superioridade diviña de San Gonzalo. Xentes con poder de inventiva, que tras longas xornadas de estudo, análise e comprobacións , lograron grandes avances na aplicación de tradicionais métodos de traballo, mellorando o rendemento de serruchos, garlopas, trinchas e demais elementos usados de vello na vetusta carpinteiría de ribeira, onde se construían as mais intrépidas naos que cruzabann os mares. Tralos estudos e debates, os técnicos optaron polo modelo de embarcación “Drakkar”, termo que equival a “dragón” pois a miúdo o mascarón de proa luce a cabeza dunha destas bestas fabulosas, e que pola construcción armónica i equilibrada resulta o modelo idóneo para navegar polo Cantábrico. A donosura e beleza da súa liña, o incremento de unidades da flota atacante, o cromático corido da esbelta escuadra fan que sexan multitude as xentes que acoden ás instalacións asteleiras para ollar a engaiolante obra que vai facer que a III Invasión Normanda quede para a posteridade como ” a meirande ocasión que viron os séculos”, como Cervantes, que non coñecía o Desembarco de Foz, dixo da batalla de Lepanto…O feito histórico/lendario, cuxo eco resoa baixo as bóvedas milenarias da basílica de San Martiño, adobado cos elementos lúdicos, folclóricos e gastronómicos que o distinguen, está chamado a brilar no firmamento festivo como o maior espectáculo naval do norte de Galicia, para que as vindeiras xeracións non perdan memoria do acontecido.…

Suso Fernández

Exit mobile version