Site icon Crónica3.com A Mariña

III Xornadas ‘Memoria dun tempo’ sobre o afundimento do Almirante José de Carranza

Este xoves 22 dan comezo as III Xornadas “Memoria dun tempo” que no primeiro dos actos programados dará conta dunha historia pouca coñecida nos seus detalles, e na cal ten importancia suma un sinxelo paquete de tabaco que se conserva no expediente depositado no Arquivo de Ferrol

Na madrugada 19 de setembro do 1940 o submarino italiano “G. Marconi” ó mando do Capitán Giulio Chialamberto afundía o pesqueiro galego, con matrícula de Cádiz, “Almirante José de Carranza” a unhas poucas millas do Cabo Vilán.

O submarino procedía de Italia e ía camiño de Burdeos na que era a súa primeira misión no Atlántico, tendo orde de manterse á emboscada na zona de Galiza durante uns días.

A súa laboura non daba resultado ata que ollaron polo periscafo ó “A. J. de Carranza”, adxudicándolle, segundo o informe do capitán Chialamberto, un desprazamento de 10 mil toneladas, cando o Carranza o tiña de 330, cunha eslora de 45 metros, namentras un barco do tonelaxe indicado polo patrón italiano tería unha eslora por encima dos 100 metros.

Un so torpedo, seguramente pola parte de popa, bastou para botar ó fondo ó pesqueiro, arrastrando á tripulación composta por 15 mariñeiros de distintos sitios (A Pobra, Ribeira, O Barqueiro, etc), dos que tan so sobreviviu un, Antonio Oujo González, de Santa Uxía de Ribeira, quen foi rescatado polo propio submarino ata transbordalo a outro pesqueiro.

Arredor diste feito, e outros semellantes producidos nas costas galegas será a conferencia que Hixino Puentes dará o xoves 22 ás 8 da tarde no espazo cultural do Bar Queiro ( O Barqueiro-Mañón).

Exit mobile version