Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da exposición de ‘Mañás activas de verán’

O luns 19 de agosto, ás 13:00 horas, inaugurarase a exposición “MAÑÁS ACTIVAS DE VERÁN” na Oficina de Información Xuvenil de Xove. A mostra recolle os traballos de manualidades (fofuchas e scrapbooking), fotografía e reciclaxe levados a cabo nos obradoiros do programa “Mañás activas de verán” durante os meses de xullo e agosto. A inauguración contará coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de xuventude Ana Abad. Tamén están invitados a esta inauguración os rapaces e rapazas participantes, así como os seus familiares, que poderán degustar os pinchos elaborados por eles mesmos no taller de cociña sana. O programa “Mañás activas de verán” contou coa participación de 32 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, e de 5 voluntarias, subvencionadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que colaboraron na realización das diferentes actividades, prestando especial atención aos menores que o precisaron.

Exit mobile version