Site icon Crónica3.com A Mariña

Isi: “Queremos darlle moitas alegrías á marea laranxa”

isi-renov13O Burela FS Pescados Rubén e Isidoro Garrido Luque renovan o seu compromiso ata a tempada 2014/2015. O xogador cordobés manifestou sentirse “moi satisfeito por continuar en Burela onde me sentín moi a gusto desde que cheguei a tempada anterior. O Burela FS é un exemplo como club e foi sinxelo chegar a un acordo”. Na presentación oficial, o presidente burelés, Manuel Blanco, e o directivo, Alberto Fernández acompañaron a Isi que vaticina unha tempada “moi interesante e con moitos desafíos que imos encarar cunha enorme ilusión. Á base do grupo sumouse esta tempada xente de moita calidade. Contamos cun potencial importante e queremos ser ambiciosos pero sempre desde a humildade”. Isi considera vital o apoio da afección laranxa “que sempre nos apoia con entusiasmo e esperamos ofrecerlles unha tempada moi bonita. A afección é vital, son o sexto xogador e co seu apoio converteremos Vista Alegre nun fortín”.

Exit mobile version