Site icon Crónica3.com A Mariña

Kayak, poker e máis actividades enchen a programación do Vicedo nestes días

O próximo mércores 28 de agosto ás 19h terá lugar a ruta de kayaks que remontará o Río Sor partindo do peirao do Vicedo ás 19h, cruzando a Ría, pasando por O Barqueiro, Illa de San Martín e rematando nas Ribeiras do Sor. Duración aproximada: 2 horas. Prezo: 15€ por persoa. Inscricións na Casa da Cultura do Vicedo ou no teléfono 982 59 01 95

O próximo xoves 29 de agosto temos a actividade de “Ponlle as pilas o teu bocata” a partir das 18 horas nas inmediacions da Casa da Cultura, esta actividade de fomento dunha dieta saudable e divertida, donde se dará unha pequena charla sobre alimentos saudables e un obradoiro de elaboración de bocatas saudables.

O venres 30 e o sábado 31 de agosto vaise a celebrar o VPT (Vicedo Poker Tour) na modalidade de Texas Holden, a fecha limite de inscripción será o mesmo dia 30 de agosto tanto nas oficinas da Casa da Cultura de O Vicedo ou no número de telefono 982590195, a inscripción será de 12€ e para maiores de idade, a hora de comezo do torneo será as 22h.Será asegunda edición desta actividade na que esperamos unha afluencia igual ou superior a anterior, na que os participante e a organización estivemos moi contentos no desenrolo de dito campeonato no que brilou sobre de todo o bo ambiente e a competitividade de dito xogo.

Exit mobile version