Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad esíxelle de novo explicacións a un rexedor “mentireiro que non é quen de dar a cara ante unha situación coñecida por todos”

Ribadeo, 22 de agosto de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, censura a actitude do rexedor local, Fernando Suárez, que se limita a escudarse tras a mentira e negar un feito que é coñecido por todos os veciños. O popular esíxelle de novo ao nacionalista que dea a cara e responda as preguntas dos populares.

O presidente do PP de Ribadeo realizou estar declaracións en relación a que o edil nacionalista, Vicente Castro, estea cobrando un soldo como traballador do ente provincial, sen realizar as labores que lle foron asignadas no seu nomeamento e prestando o seu servizo ao alcalde de Ribadeo.

Jesús López Penabad reproba que o alcalde da localidade se convertese nun “mentireiro”, cando é público e notorio, e pode constatalo calquera veciño, que a actividade que está a desenvolver Vicente Castro no ente local, -que lle ocupa a meirante parte da súa xornada laboral-, non é compatible co seu traballo na Deputación. Feito que provoca, segundo lembra López Penabad, que se cobre por unhas funcións que non se prestan, o que provoca que se estea ante un presunto caso de malversación de fondos públicos.

O popular esixe respostas
O presidente popular explica que quen empeza a estar “farta” da actitude do rexedor local é a súa formación política, que esixe respostas, xa que “nos atopamos ante un feito moi grave”.

Fernando Suárez “ten que dar a cara”, esixe o popular, e deixar claro ante os veciños, “aos que se debe” –matiza-, se é cómplice destes presuntos pagos irregulares. “Atopámonos ante un alcalde mentireiro, que non dá a cara ante unha situación coñecida por todos”, reitera ao popular, ao tempo que engade que “quen cala, outorga”.

Jesús López Penabad asegura que o alcalde nacionalista se “dá a de mestre e é especialista en poñer deberes”, porén, “neste caso somos os populares os que lles plantexamos preguntas, e como alumno aplicado que debería ser, pedimos explicacións”.
“Queremos saber se comparte esta situación”, pregunta o líder popular, e de non ser así, “que xestións prevé levar a cabo”, engade. “Pedirá a devolución do diñeiro percibido indebidamente ou pola contra pedirá a dimisión do edil”.

O BNG, presunto partido mafioso
O popular tamén asegura que a diferencia do exposto por Fernando Suárez , a “pregunta mafiosa organización é a súa” –en referencia ao BNG-, xa que se pode estar a falar dun posible financiamento irregular dun partido político.

Os populares aclaran esta acusación lembrando que a pretensión dos nacionalistas era liberar ao servizo do BNG a unha serie de traballadores nomeados a dedo na Deputación e, polo tanto, aforrar á formación nacionalista os cartos da súa contratación, cargándoos a costa dos recursos públicos provincias que sufragan todos os lucenses, de aí que falen dun presunto financiamento irregular.

“Pedímoslle que analice a súa propia casa”, proponlle Jesús López Penabad, “xa que todos temos feito este proceso”, e a partir de aí que explique se comparte esta situación, antes de “lanzar mentiras, mentres todos os ribadenses coñecen a verdade”.

Exit mobile version