Site icon Crónica3.com A Mariña

Manualidades en galego

manualidades en galegoO Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa organizou un taller de manualidades e reciclaxe en galego dirixidos aos nenos e nenas dos Concello do Valadouro. Nesta actividade realizaronse diferentes manualidades cos rapaces, explicadas todas elas en galego para que, traballando, divertíndose e xogando, aprendan ou reforcen coñecementos lingüísticos en galego. Empregaron nas manualidades materiais de refugallo como CDs vellos e corchos de botellas. Estaban destinados a nenos e nenas de idades comprendidas entre 4 a 12 anos.

Exit mobile version