O vindeiro sábado 17 ás 20:00 h. o dramaturgo Manuel Lourenzo (membro do Seminario de Estudos do Valadouro) será o pregoeiro que abra a FEIRA DO LIBRO DE FOZ. Dous días despois, luns 19 ás 20:00 h., presentaranse os primeiros Cadernos do SEVA (publicacións periódicas de divulgación dos estudos desenvolvidos pola devandita sociedade e que abranguen tres áreas: arte, natureza e sociedade): As luces do Caselo, (obra dramática ambientada no Mercado Medieval de Alfoz), de Manuel Lourenzo e Ditos e refráns do Valadouro (estudo etnográfico encol da paremioloxía local) de Lionel Rexes. Neste mesmo acto Francisco Piñeiro e Paz R. Silva presentarán Lembranzas musicais do Valadouro, editado pola A.C. O Mundo de Galea, polo que ese día, serán presentadas tres publicacións vinculadas á cultura da comarca do Valadouro. Quen desexe adquirir os Cadernos do SEVA pode atopalos nos seguintes locais: Bar Rodolfo, Castelo do Castrodouro (oficina de turismo) en Alfoz; Estanco da Praza e Libraría Marta, en Ferreira; e Libraría Bahía, de Foz.