Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Martínez acusa á Alcaldesa de Lourenzá de “non saber ou non querer facer” as obras de saneamento do núcleo de Requeixo

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, clarificou hoxe que é o Concello de Lourenzá o que ten paralizadas as obras de saneamento do núcleo de Requeixo, por non ter pagadas as taxas fixadas por Lei para a concesión de licencia de obras. Tal e como destacou Martínez, a rexedora de Lourenzá “ou non sabe ou non quere facer esas obras”, xa que é o Concello o que ten que dar o seguinte paso, abonando ditas taxas, algo que ata o momento non fixo.

Logo de que o Concello solicitara autorización á Deputación para facer obras na vía provincial LU-P-8802, de San Xurxo a Arroxo, tanto no cauce da estrada coma no trazado lonxitudinal, “a Deputación emitiu informes favorables a estas actuacións, que foron debidamente comunicados e recibidos no Concello xa nos meses de marzo e abril, respectivamente”. O seguinte paso é o pago, por parte do Concello, das taxas para a expedición da preceptiva autorización de obras que recolle a Lei, “trámite imprescindible nun expediente deste tipo. Despois de informar favorablemente, en canto o Concello cumpra con ese requisito a lexislación permitiranos expedir a correspondente autorización de obra”.

Manuel Martínez subliñou que “a Deputación ten feito o traballo”. que a Alcaldesa non lle minta ós veciños botando as culpas a outros; debería contarlles que non lles mellora o saneamento porque non lle da a gana de pagar ou non ten nin idea do procedemento legal”.

Lugo, 28 de agosto de 2013

Exit mobile version