Site icon Crónica3.com A Mariña

MariñaPatrimonio organiza as xornadas de difusión do patrimonio arqueolóxico da comarca ‘O ouro na Mariña’

canle lavado - as covasA Mariña, 14 de agosto de 2013.- A asociación MARIÑAPATRIMONIO organiza para os días 20 e 21 de agosto unhas xornadas de difusión do noso patrimonio arqueolóxico centradas nas explotacións auríferas romanas descubertas recentemente nos concellos de Foz e Barreiros.

Martes día 20 ás 20:30h no CENIMA de Foz conferencia “O ouro antigo. Significado dos obxectos áureos prerromamos” a cargo da especialista en orfebrería prerromana, Aurelia Balseiro García, que disertará sobre a produción áurea na Mariña en época prerromana, con especial referencia ao torque de Marzán.

Mércores 21 ás 17:30h, Roteiro pola mina romana de Foz e Barreiros que consta de tres partes:
1ª parte: Breve charla explicativa sobre o que veremos no transcurso do roteiro a cargo de Manuel Miranda Ruíz, presidente de Mariñapatrimonio, ás 17:30 no CENIMA de Foz.

2ª parte: Rematada a charla,saída dende o CENIMA de Foz en coches particulares cara á mina do lugar da Cova (Barreiros) onde se iniciará un percorrido de 4 quilómetros pola antiga explotación aurífera romana.

3ª parte: Traslado en coche ata o Campo da Feira da Espiñeira en Foz, onde se realizará un pequeno percorrido para observar as grandes canles de lavado do ouro e a pegada desta explotación na paisaxe.

Exit mobile version