Marta García seguirá por tanto por cuarta temporada consecutiva no equipo de Juan Nécega. Xoga como escolta e foi unha das xogadoras máis regulares e con máis minutos disputados a pasada campaña que supuxo o ascenso histórico de categoría.
Ademáis, estase falando coas xogadoras que tiveron ficha en autonómica a pasada campaña e supoñemos que en breve se confirmará algunha xogadora máis, e dependendo ademais das xogadoras sub-23 que teña o Durán Maquinaria Ensino de Liga Feminina porque éstas alternarán os seus encontros tamén en Nacional. Así o obxectivo do míster Juan Nécega será a de ter un plantel formado por 8 xogadoras sénior e completar ata 12 coas júnior que tan bo rendemento deron o ano pasado e que este son de segundo ano.