Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Mergúllate no oceáno’ dende a Ocioteca

Foto campus mar 1Os nenos e nenas da ocioteca do Concello de Burela visitaron na mañá deste martes a exposición Mergúllate no océano, que se pode ver na praza do Concello. Alí asistiron con moita atención ás explicacións que os monitores lles deron sobre a procedencia do peixe que comemos ou sobre as correntes mariñas. Mergúllate no océano poderá visitarse de xeito totalmente gratuíto entre as 11 da mañá e as 20:30 da tarde deste martes e tamén o mércores e o xoves.

Exit mobile version