Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e os concelleiros de obras e deportes visitaron o pavillón Vistalegre acompañados de directivos do Burela FS

220813 Foto visita Vista Alegre 3Burela, 22 de agosto de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, visitaron este xoves as instalacións do pavillón Vista Alegre con directivos do Burela FS para analizar as actuacións que se precisa acometer de cara á vindeira tempada.

Piñeiro explicou que “estamos a estudar fórmulas, as máis económicas posible dada a situación na que nos atopamos, para frear a entrada de luz no pavillón a través da cristaleira da fachada sur. A luz que entra por esas ventás entorpece as imaxes en televisión”. A edil de Deportes dixo que “unha das fórmulas, aínda que non está pechada definitivamente, é a colocación de lonas para cubrir esa cristaleira”.

Manuel Fernández Valle sinalou que “o que xa está decidido é a creación dunha zona para prensa, que se preparará para que os representantes dos medios de comunicación poidan traballar sentados e con apoios para os distintos dispositivos móbiles que empregan. A inversión prevista nas dúas accións: zona de prensa e lonas podería situarse entre os sete e os oito mil euros”.

O edil de Obras engadiu que “a zona de prensa estará ubicada na parte alta da grada lateral, nun dos laterais da zona reservada para palco e terá capacidade para 9 persoas”.
Piñeiro e Fernández Valle aseguraron que “a adecuación da zona de prensa está previsto que estea lista para o partido de volta da Super Copa de España que enfrontará ao Burela FSF co Atlético de Madrid o vindeiro 14 de setembro”.

Exit mobile version