Site icon Crónica3.com A Mariña

O Arco da Vella e o alcalde barreirense presentan o XXXII Festival Folclórico do Emigrante que se celebrará o 2 e o 3 de agosto en San Miguel de Reinante

Barreiros, 1 de agosto de 2013. San Miguel de Reinante acollerá este vebres e o sábado a 32ª edición do Festival Folclórico do Emigrante, que está declarado como festa de interese turístico de Galicia. O programa de actividades foi presentado hoxe por parte de directivos do colectivo organizador, O Arco da Vella, que preside Enrique Penabad, e polo alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, na Casa do Concello de Barreiros.

Os actos empezarán o venres, ás 21:30 horas coa 3ª Foliada do Emigrante, que se celebrará na Praza do Souto con música, comida e bebida.

O sábado será o día grande do evento co XXXII Festival Folclórico do Emigrante. Será no campo de fútbol de San Miguel a partir das dez da noite e actuarán os grupos Danzas Jacar, da República de Kalmykia, que pertence á Federación Rusa; o grupo Le As du Benin, que substitúe ao sudafricano Profile que non pode asistir, segundo explicaron esta mañá “por causas alleas á organización”; a Agrupación Folclórica El Moral, de Canarias; e os anfitrións: O Arco da Vella. Os actos rematarán cunha verbena que empezará as doce e media da madrugada e estará amenizada polo grupo Lecer.

Exit mobile version