Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicitará do Pleno de Trabada a rehabilitación moral e institucional dos represaliados do Concello

O Bloque Nacionalista Galego presentará para o debate no seu próximo Pleno unha moción diante da Corporación de Trabada na que se solicita a rehabilitación moral e institucional das vitimas do franquismo deste Concello e que pretenden converter nunha homenaxea todos aqueles que sufriron persecución por defender os valores democráticos. “ Ë hora de sacar do esquecemento canda menos a estes oitos veciños don oso Concello do que temos coñecemento de que sufriron persecución como foron Cigarrán Campos, Jesús (Execución), Fernández Mourelle, Manuel (Detención), González Arango, José Ramón(Proceso),González Rodríguez, Eugenio(Proceso),López Leiras, Castor “Torero”(Proceso),Martínez Crespo, Pablo( Proceso ),Otero Fernández, Ramón(Proceso),Rodríguez Santamarina, José Antonio (Proceso)” afirmou María Xosé Fernández. quen agarda que no próximo pleno de xeito unánime se aprobe esta iniciativa así como a reprobación do Alcalde de Baralla pola súa apoloxía do asasinato.

A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego quixo ter unha referencia particular para o veciño de Abres Xesús Cigarrán Campos, fusilado en Lugo o 13 de Febreiro de 1937 despois dun Consello de Guerra, ao mesto que reivindicou memoria “porque para nos a memoria, o recoñecemento e o exemplo das vítimas do franquismo é un actuar diario. Memoria que está sempre con nos, porque é un patrimonio de dignidade, de cultura cívica e tamén de aspiración a unha outra sociedade máis libre e merecente de considerarse democrática. Recoñecemento que é recuperación e restitución das súas figuras, pago da débeda que a sociedade actual ten contraída con eles por aspirar a un modelo social que xire arredor do triangulo da xustiza, da igualdade e dun modelo político no que o pobo sexa realmente que máis ordene. E exemplo, exemplo do que a barbarie e o terror non quixo que fosemos, exemplo dun patrón de comportamento ético e comprometido coas maiorías sociais, exemplo a fin da forza das ideas, cando por ideas se morría e das ideas non se vivía, exemplo a fin do que nos aspiramos volver a ser”.

Os nacionalistas de Trabada agardan que o PP de Trabada se sume á rehabilitación a estes veciños e non de por boa a doutrina sentada polos seus compañeiros de Baralla que se foron asasinados ou detidos e “porque algo farían e por conseguinte se sumen a romper co franquismo. Na mesma liña continuaron afirmando que a moción “é un exerzizo de xustiza cos perdedores, é un compromiso cos que nos precederon na loita é xa por último un acto de afirmación do noso compromiso cunha sociedade máis xusta. A memoria dos antifranquistas non é para nos o conto dun ano, é toda unha bagaxe de loita, de experiencia transformadora que o reformismo republicano esparexou por toda Galiza e que o franquismo recluiu no silenzo, experiencia e proceso de cambio social que debemos pór en valor ao servizo da mellora das condicións de vida das maiorias sociais da nación Galega. Herdamos deles, de Xesús Cigarrán, de Xosé Ramón González Arango, de Castor López Leiras “Torero”, de Pablo Martínez Crespo, de Xosé Antonio Rodríguez Santamarina, unha sociedade sacrificada pola falla de expectativas económicas, unha sociedade mutilada por unha estrutura demográfica avenlletada e o que máis grave unha sociedade frustrada e sen perspectivas e crenzas fondas de que este panorama poida ser modificado. Por esta ferida sangra a Galiza e costara cicatrizala. Que o exemplo dos que hoxe homenaxeamos nos de folgos. Folgos porque nos non estamos aquí para maquelar a miseria, estamos para criar benestar, nos non gobermos para exercer a democracia con puño de ferro e luva de seda senón para devolverlle o goberno ao povo, para construir o poder popular. Este é o noso compromiso, nada novo, nada excepcional, o mesmo dos que nos precederon, sí, o compromiso, o exemplo e a lealade cos nosos homes do 36”.

Exit mobile version