Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela acomete traballo de mellora e mantemento no campo da Marosa

Foto visita A Marosa 2Burela, 23 de agosto de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros de Obras e Deportes, Manuel Fernández Valle e Beatriz Piñeiro visitaron esta mañá o campo de fútbol de herba artificial da Marosa. Ata alí se desprazaron tamén técnicos das empresas construtora e subministradora do céspede e técnicos municipais.
Segundo explicaron os edís populares “o concello vai realizar de forma inmediata unha actuación de mellora e mantemento do céspede, dado que hai zonas nas que non pegou debidamente”. Tamén sinalaron que “haberá que facerlle a ese campo uns traballos de mantemento de carácter anual, que ninguén nos dixo que tiñamos que realizar cando se fixo o traspaso de poderes no Concello de Burela hai dous anos.”

Valle e Piñeiro lembraron que “desde que nós chegamos ao Concello hai unha persoa dedicada ó mantemento e conservación de todas as instalacións da Marosa. Nas mesmas tamén se realizan melloras cando é necesario”.
Para poder realizar os traballos de mellora e mantemento do campo de herba artificial, esta instalación permanecerá pechada desde hoxe mesmo hasta novo aviso, para evitar deste xeito complicar a situación do céspede e facilitar os traballos a realizar.

Beatriz Piñeiro e Manuel Fdez. Valle agardan que as entidades e particulares usuarios do campo de herba artificial saiban comprender a situación, dado que en todo caso o que se pretende e mellorar máis se cabe a instalación deportiva.

Exit mobile version