Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela acondiciona o edificio da área recreativa do Monte Castelo

280813 Foto visita Monte Castelo 1Burela, 28 de agosto de 2013. O Concello está a acondicionar o edificio existente na área recreativa do Monte Castelo, que está destinado a bar. O alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros de Obras e Medio Ambiente, Manuel Fernández Valle e Patricia López Eijo, visitaron a zona nas últimas horas, acompañados do presidente da comunidade de montes, Pablo Pernas.

Fernández Valle explicou que “cos alumnos do curso de pintura para desempregados que se está impartindo no tempo destinado ás prácticas externas, entre outras cousas, estase acondicionando o edificio existente na área recreativa do Monte Castelo que está destinado a bar. Tamén se van acondicionar algúns dos elementos de madeira que hai na área recreativa, algo que consistirá na eliminación do verniz onde aínda o hai e darlle unha nova imprimación á madeira para posibilitar unha maior e mellor conservación”.

López Eijo dixo que “o investimento que está facendo o Concello nos materiais estímase en 2.000 euros e os traballos están sendo realizados de acordo coa comunidade de monte en man común. Confíamos en que os traballos rematen ó longo desta semana”.

Os edís populares engadiron que “aproveitando que se está dando unha nova imprimación ó edificio do bar vanse reparar pequenos danos que hai no inmoble, como por exemplo algunha madeira e algunhas tellas que se desprenderon e que hai que repoñer”.

Exit mobile version