Site icon Crónica3.com A Mariña

O directiva do PP burelés fixa mañán o calendario de traballo hasta fin de ano

Burela, a 28 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Burela tén previsto fixar as distintas actuacións a levar a cabo durante o último cuatrimestre do ano nunha reunión da Xunta Directiva da Agrupación local que terá lugar mañán xoves, ás oito da tarde.

Así o asegurou o portavoz da Agrupación, José Luis Lois Losada, quen engadiu que a organización e temporalizacións fixadas a pasada semana polo Presidente local, José María González Barcia, a Secretaria Xeral, María del Mar Fraga, e a Vicesecretaria Xeral, María José García, non sufrirá grandes modificacións despois do seu estudio por parte da Xunta Directiva local.
Lois Losada insistiu en dous conceptos básicos: “o partido vai saír de novo á rúa para manter reunións con vecinos e veciñas e así explicar o que se está a facer desde o Equipo de Goberno, pero tamén o que se está a facer naqueles ámbitos nos que gobernamos como a Xunta e o Goberno do Estado. Pero tamén queremos ir rematando a reorganización do partido que se fixou no congreso local de hai dous meses. No fondo, latexa un obxectivo: abrir o partido á sociedade para comunicar o que se fai e recibir as inquedanzas da cidadanía”.

O portavoz popular engadiu que “o anuncio do Conselleiro de Medio Ambiente sobre o acceso ó porto é unha noticia de enorme calado e significado, que o PP burelés valora mui positivamente. Pero temos que decir que resulta alomenos chocante a postura do PSOE ó respecto, e seguro que da reunión da Directiva local sairá unha resposta clara e contundente para que os vecinos se enteren de quen fai cousas con rigor e seriedade, e de quen vai por camiños zafios e cheos de barro que non levan a ningún sitio. Porque o PSOE burelés hasta perdeu a oportunidade de ser elegante á hora de facer oposición neste asunto”.

Exit mobile version