Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP confirma que nas actas de comparecencia ante Besteiro e Lara Méndez todos os asesores recoñecen estar adscritos a áreas de goberno

Lugo, 27 de agosto de 2013.- Logo de acceder ao expediente de contratación dos asesores que prestan servicios nas sedes do BNG pola provincia a pesar de estar adscritos a unha area de goberno, o Grupo Provincial do PP descubre que nas actas de comparecencia de todos os traballadores, ante o Presidente da Deputación nun dos casos, – o de Xesús Méndez Rodríguez-, e ante a Vicepresidenta da Deputación no resto, se recoñece que foron nomeados para ocupar os seus postos adscritos a unha área de goberno: Cultura, Turismo, Ensino e Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico e manifestan expresamente que aceptan o cargo.

Tanto Besteiro; como Lara Méndez e Antón Veiga eran coñecedores de esta situación por ser tamén eles mesmos e ante a pregunta da súa situación contestaban..” son asesor de cultura”.

No informe ao que se refiren os medios, o GPP explica que se recoñece a existencia de erros na denominación por decreto de catro traballadores provinciais, adscritos a unha área de goberno mentres realizaban labores ao servizo do BNG, pero o que non se aclara, e onde traballan estes asesores, porque indiscutiblemente que estean adscritos a Area de Cultura, Turismo Ensino e Normalización Lingüística e Patrimonio histórico ou adscritos o Grupo do BNG da Deputación de Lugo, o seu posto de traballo está na institución provincial. Tanto que teñan adscritos a unha área de goberno como de apoio ao grupo o que non está e no partido político, nin nas sedes do BNG.

Esta última parte sigue sen aclararse por parte dos máximos responsables desta situación, da que todos eran coñecedores, tanto o presidente como vicepresidentes tal e como o acreditan os documentos.

Recoñecemento de erros
Os populares consideran inaceptable que co recoñecemento de erros só se estea a intentar facer unha cortina de fume para evitar responder ao máis importante, onde traballa esta xente.

O feito de que o informe derive a responsabilidade a funcionarios, non aclara porque cando firman a acta de comparecencia cada un dos asesores diante do Presidente da Deputación, da Vicepresidenta da Deputación, os políticos non o corrixen e consinte, con total complicidade deste suposto “erro”

O GPP trasladará aos tribunais para que se depuren responsabilidades

Exit mobile version