Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Socialista de Foz solicitou no Pleno unha vez máis ao alcalde que se poña a traballar pola limpeza e acondicionamento das praias

En vista de que a estas alturas do verán, pois xa entramos no mes de agosto, o estado de falla de limpeza e abandono da gran maioría das praias do concello continúa a prexudicar a imaxe de Foz, tanto para os propios veciños coma para aqueles que nos visitan, a pesar de que unha das principais fontes de ingresos do noso municipio é o turismo, dende o Grupo Socialista, no Pleno do pasado xoves, rogamos unha vez máis ao señor alcalde, que se poña a traballar pola limpeza e acondicionamento das nosas praias, tanto dos seus areais, coma dos seus accesos e arredores, pois por moitas das pasarelas de entrada ás praias é case imposible acceder, e xa non digamos para unha persoa con algunha discapacidade ou con carritos de bebés, e os aparcamentos, áreas recreativas e paseos marítimos, continúan na maioría dos casos sen rozar e feitos un desastre.

Así mesmo, rogamos ao alcalde e ao equipo de goberno local que soliciten ao obispado a limpeza e acondicionamento da finca da Casa Rectoral da parroquia de Santa Cilla, pois o estado que presenta actualmente é lamentable; e rogamos tamén que se proceda á reparación dos repetidores da televisión da parroquia de Fazouro, pois recibimos queixas dalgúns veciños da zona de Villarmea que non sintonizan a Televisión de Galicia.

Exit mobile version