O Mago Antón continúa coa súa xira pola comarca da Mariña. Nesta ocasión será a Casa do Forno de Celeiro a que acolla unha cita co humor da man do espectáculo ‘Onde está o Mago Antón?’ o luns 5 de agosto a partir das 21:00 horas. O acto que conta coa organización do Colectivo Chilindrín terá un prezo de entrada de 2 euros.