Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura do curso do PAI de Cervo

graduacion_maioresO Punto de Atención á Infancia de Cervo organizou este luns un acto de clausura do curso 2012-2013 ao que acudiron os alumnos e alumnas e as súas familias así como os profesores e no que se ofreceron actividades diferentes segundo o tramo de idade dos pequenos. Os maiores, os de 3 anos, participaron nun acto especial de despedida do PAI, xa que para o curso que vén pasan a segundo ciclo de educación infantil. Un evento que consistiu na súa graduación, para o cal recolleron os diplomas e a orla ataviados co barrete e o broche típicos destes actos. Os nenos de 1 a 2 anos celebraron o seu Paso de Ecuador e aos máis pequenos, os de 0 a 1 anos, recibiron un recoñecemento polos seus avances neste primeiro curso. Un acto festivo que se vén celebrando nos últimos anos para despedir o curso e co que dende a Concellería de Educación pretenden “amosar aos alumnos a importancia que ten cada paso que dan na súa aprendizaxe” explica a edil, Pilar Armada.

Exit mobile version