Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés afirma que o PSOE non é quen para falar do acceso ó porto

comite2.29.08.2013Burela, a 29 de agosto de 2013.- A Xunta Directiva do Partido Popular de Burela ratificou hoxe por unanimidade a liña de traballo a seguir hasta fin de ano proposta polo Presidente local, José María González Barcia, para incidir fundamentalmente no achegamento do partido á sociedade baixo unha doble perspectiva: a de escoitar as demandas que fai a sociedade e transformalas en propostas asumibles de goberno, por un lado, e a de explicar con total claridade o traballo que se fai desde o goberno municipal e desde o partido, e tamén desde o goberno da Xunta e o da nación.

O portavoz da Agrupación Local, José Luis Lois Losada, afirmou que “deste xeito, vaise dando cumplimento ó estipulado no congreso local celebrado hai dous meses. Celebraremos en breve unha asamblea de afiliados, problemente na segunda ou terceira semana de setembro, para dar paso a alomenos cinco reunións con vecinos noutros tantos barrios da vila. Paralelamente, poñeremos en marcha e activares os grupos de traballo de áreas, ainda que un deles xa está funcinando”.

Ademais, a Xunta Directiva local do PP valorou satisfactoriamente a ratificación do compromiso do Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, de levar a cabo as obras do acceso ó porto burelés. Lois Losada manifestou que “esta obra queda blindada co anunciou feito polo conselleiro, xa que para o ano que vén nos presupostos da Xunta deberá haber consignación suficiente para licitar a obra, adxudicala e executala”.

O portavoz da Agrupación Local burelesa foi moi crítico co PSOE, especialmente co portavoz socialista Alfredo Llano: “quen puido facer a obra e non a fixo, quen paralizou a obra, quen calou a boca para non molestar á Xunta bipartita, non tén ningunha autoridade moral para fala deste asunto. Llano non fixo nada, calou sempre a boca; en dous anos que leva na oposición nunca falou deste asusnto e agora que se fai un anuncio serio e con rigor saca unha nota que evidentemente non a fixo el senon que lla escribiron dende a Deputación, porque non é capaz de decir tantas sandeces”.
“A conclusión que sacamos é que ó PSOE nin lle gusta a obra, nin lle gusta falar dela, porque é desentarrar os fantasmas da ineficacia e do aproveitamento político dos cartos de todos, como tentou facer con esta obra. E o peor de todo, na etapa do bipartito había cartos e non foron capaces a facer a obra”, engadiu Lois Losada.

“Pola contra, manifestou, o PP tén a cabeza alta co acceso ó porto: foi o PP quen fixo o proxecto, foi o PP quen puxo consignación presupostaria nos orzamentos de 2005…; e despois do desaguisado do bipartito, tivo que ser de novo o PP quen, ante a paralización das obras por parte do bipartito e a súa ineficacia para sacar a obra adiante, redactase e aprobase un novo proxecto, quen de novo consigne fondos nos presupostos da Xunta e vai ser o PP quen faiga esta obra. E non podemos esquecer que o PP goberna na Xunta e no Concello de Burela”.

Polo tanto, “os socialistas deberían ser máis cautos: perderon unha ocasión de ouro para facer unha oposición elegante, apoiando a obra e esixindo axilidade. Pero non, elixiron o camiño da descalificación e da confusión, mezclando esta obra co Hospital”, afirmou José Luis Lois Losada. “Por certo, queremos preguntarlle ó Sr. Llano, profesional da pancarta a cambio de 51.000’00€ anuais, cantos ladrillos do Hospital se levaron xa para Lugo e cantos servicios se pecharon”.

Finalmente, Lois Losada manifestou que “o PP burelés seguirá n aliña que nos temos marcado, de xestionar as obras e as actuacións fundamentais para Burela, apoiando a política do alcalde González Barcia e do seu equipo, que vai na liña de facer plantexamentos serios e rigurosos en todo aquello que beneficie a Burela, como se veu por exemplo no rebaixe da zona de afectación da variante, algo que agora non se valora pero que se valorará dentro duns anos; ou na mesma obra do acceso, que soubo levar con tacto”.
Lois Losada desvelou que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Burela, José María González Barcia, falaron do acceso ó porto en Sober, durante os actos da saída da Vuelta a España.

Exit mobile version