Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés comenza a preparar o novo curso político

Burela, a 22 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Burela comenzou na tarde deste xoves 22 de agosto a preparar o novo curso político nunha reunión á que asistiron o Presidente local, José María González Barcia; a Secretaria Xeral, Mar Fraga, e a Vicesecretaria xeral, María José García,segundo anunciou o portavoz da Agrupación Local José Luis Lois Losada.

Nesta reunión, indicou Lois Losada, quedaron establecidas as actuacións que o partido levará a cabo a nivel local dende agora hasta o remate do ano. Así, e logo do paréntese estival, está prevista unha reunión da Xunta Directiva local na primeira quincena de setembro. Nese mesmo mes, os afiliados celebrarán unha asemblea para fixar criterios de actuación política tanto desde o Grupo Municipal como desde o propio partido.

O portavoz popular tamén engadiu que a partires de esa asemblea, o partido celebrará alomenos cinco reunións noutros tantos barrios de Burela, para explicar o traballo que se está a facer tanto desde o concello coma desde o partido. De forma paralela, poñeranse en funcionamento os grupos de traballo de Asociacionismo, Educación, Sanidade e Mar, e comenzará as súas actividades o grupo de Dinamización de Séniors, que xa foi constituído no mes de xullo.

Deste xeito, manifestou José Luis Lois, “tamén se pechará o proceso de reorganización interna derivado do congreso local celebrado hai dous meses, reforzando a participación da militancia e da cidadanía en xeral nas actividades do partido, e achegando o partido á sociedade”.

O PP burelés “pretende multiplicar os medios para facer chegar a súa mensaxe á sociedade burelesa, implicando de forma activa ós afiliados e simpatizantes”, rematou Lois Losada.

Exit mobile version