Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela lamenta que a Deputación aínda non teña feito os desbroces na súa rede viaria

pp-desbrocesBurela, a 1 de agosto de 2013.- O portavoz da Xunta Directiva do Partido Popular de Burela, José Luis Lois Losada, manifestou que “a Deputación vén de incumprir, un ano máis, os seus compromisos en materia de desbroce da rede viaria provincial. Un traballo que debería estar rematado a mediados do mes de xullo, no tocante ó concello de Burela aínda está sen comezar cando arranca o mes de agosto”.

Lois Losada indicou que “as cousas na Deputación fanse con moita lentitude, e agora máis, xa que Besteiro está máis nas súas cousas persoais e de partido que na defensa dos intereses dos veciños da provincia. A tramitación administrativa dos desbroces fíxose moi tarde, por iso a estas alturas do verán están sen facer”.

O portavoz dos populares de Burela tamén asegurou que “a actitude do bipartito provincial é unha imprudencia e unha irresponsabilidade. No caso de Burela a estrada que vai a Rúa presenta maleza e herbas hasta a calzada. Confiamos en que o deputado Sr. Llano deixe por unha vez as pancartas e tome cartas no asunto, e así xustifique os 51.000€ anuais que cobra dos cartos de todos os cidadáns da provincia”.

Exit mobile version