Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo pregunta ao BNG cando ten previsto cesar ou esixir a dimisión de Xoán Antón Estua

Cervo, 24 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular preguntou hoxe aos responsables do Bloque Nacionalista en Cervo cando teñen previsto cesar o esixir a dimisión do único concelleiro nacionalista nesta localidade, Xoán Antón Estúa, logo de revelarse a súa implicación na trama de asesores que percibían un soldo da área de Cultura da Deputación pero traballaban exclusivamente para a formación nacionalista.

Segundo sospeitan desde o PP a pretensión dos nacionalistas era liberar ao servizo do BNG a unha serie de traballadores e aforrar deste xeito á formación nacionalista os cartos da súa contratación cargándoos a costa dos recursos públicos provinciais que sufragran todos os lucenses. No Partido Popular consideran que estes feitos poderían ser constitutivos de delicto tando polo uso fraudulento de fondos públicos como tamén polo financiamento irregular da formación nacionalista a costa da Deputación de Lugo

Os populares sinalan, ademais, que a situación de irregularidade persiste xa que Xoán Antón Estua continúa traballando desde a sede do BNG en Foz en vez de facelo nas instalacións da Deputación na capital lucense polo que incumpre horarios e as tarefas polas que foi contratado.

Exit mobile version