Denuncian os populares que o equipo de goberno de Mondoñedo paga como mellora a colocación de pavimentación e lastras na obra do entorno da catedral e, sen embargo despois destrúeos; actuación que reflicte que compunxan como melloras erros na execución de dita construcción posto que a priori págase a colocación e logo demólense como mellora da obra.
Insisten os populares que este tipo de información xustifica, claramente, a apertura dunha comisión de investigación; algo que o PP leva pedindo dende un primeiro momento.
Os populares lembran que as melloras foron vitais na adxudicación e que quedaron máis de 150.000 euros sen executar e que exemplos como este evidencian o nivel das construcción executadas.
Dende o Grupo Popular reiteran que as deficiencias son claras e evidentes na citada infraestruturas, tal e como vén denunciando dende fai tempo, e engade que nunha obra de tanto diñeiro público non se debe fomentar ningunha dúbida e critican que Orlando González non fose quen de facer un control rigoroso dunha obras que dende un primeiro momento foi rexeitada polos veciños.